SOBRE NÓS

Contámosche como xurdiu o proxecto Pictoaplicaciones

PICTOAPLICACIONES nace no 2012 como proxecto solidario do Grupo Promedia -una empresa de diseño y desarrollo web y aplicaciones con sede en Santiago de Compostela- orientado hacia las personas con TEA o con otros tipos de Trastornos de Comunicación en el Lenguaje Oral.

Motivos persoais fixeron que o Grupo Promedia tomase conciencia deste colectivo de persoas con necesidades especiais para -aplicando os seus coñecementos no sector TIC-, desenvolver aplicacións dirixidas a axudarlles a estas persoas e a súa contorna a coñecer mellor o mundo que as rodea, contribuíndo deste xeito a aumentar os seus coñecementos e favorecer a súa inclusión real mediante o uso das novas tecnoloxías. Mantendo sempre a firme convicción de que o devandito proxecto, -dado o seu carácter social- non debe desenvolverse doutro xeito que con aplicacións gratuítas para que cheguen ao máximo número de persoas posible.

Con este convencemento, Pictoaplicaciones -proxecto solidario do Grupo Promedia- desenvolveu ao longo dos últimos anos aplicacións que axudaron e seguen a axudar as persoas con Trastornos da Comunicación na Linguaxe Oral a medrar cada día aprendendo e relacionándose co seu contorno: Pictotraductor, Pictosonidos, Pictojuegos, Pictoagenda, Pictocuentos e Wikipicto e grazas á Fundación Barrié tamén se desenvolveu o portal educativo Pictoeduca.

Ao longo destes anos tamén foi medrando a comunidade “Pictoaplicaciones”, sendo utilizada na actualidade por miles de usuarios de máis de 80 países.

A FUNDACIÓN

Unha nova etapa para o proxecto Pictoaplicaciones

Pictoaplicaciones comeza unha nova etapa. O que comezou coa frase “o que funciona para un neno pode funcionar para moitos máis” e deu lugar a un proxecto solidario, agora debe transformarse nun proxecto social que siga medrando co obxectivo de acadar e reforzar sempre a autonomía das persoas con necesidades especiais para lograr a súa inclusión real na sociedade desenvolvendo todo o seu potencial nela.

Chegou, pois, o momento de desvincular o proxecto solidario do Grupo Promedia do que será un proxecto social independente: A FUNDACIÓN PICTOAPLICACIONES e para facilitar esta emancipación, Grupo Promedia cedelle todas as súas Pictoaplicaciones á Fundación Pictoaplicaciones, que é a que recolle o testemuño da tarefa feita.

A FUNDACIÓN PICTOAPLICACIONES é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada Fundación de Interese Galego, que ten como finalidade o fomento de actividades de formación, divulgación, promoción, estudo e investigación relacionadas cos ámbitos das persoas con diversidade funcional, educación, novas tecnoloxías, desenvolvemento e cultura, que melloren a inclusión e a calidade de vida das persoas con discapacidade.

2020

FUNDADA
NO ANO 2020

16

PROXECTOS
EN ACTIVO

+80

PAÍSES
ALCANZADOS

+1.000.000

USUARIOS
AO ANO

+77.000

SEGUIDORES
NAS RRSS

FINS DA FUNDACIÓN

Traballamos para acadar os mellores obxectivos

O noso obxectivo é acadar a plena inclusión das persoas con diversidade funcional.

Os fins da Fundación van dirixidos aos seguintes colectivos de persoas:

  • Persoas con Trastorno do Espectro Autista, Asperger, Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento, Trastornos da Linguaxe e en xeral todas aquelas persoas con diversidade funcional e que por iso precisen dunha educación especial adaptada.
  • Persoas con discapacidade específica que, por circunstancias vitais, viron afectadas as súas habilidades comunicativas (Alzheimer, ictus, parálise cerebral, etc.).

O obxectivo da FUNDACIÓN PICTOAPLICACIONES é mellorar a súa calidade de vida ao longo do seu ciclo de vida, promovendo a autonomía persoal, a normalización e a non discriminación para acadar a plena inclusión social e laboral segundo as posibilidades e capacidades de cada persoa.

Para acadar estes obxectivos, a FUNDACIÓN PICTOAPLICACIONES organiza e desenvolve iniciativas a través dos seus diferentes PROXECTOS.

UN PERCORRIDO POLA NOSA HISTORIA

Así fomos creando as diferentes Pictaoplicaciones

2012

Decembro

Nace Pictoaplicaciones coma proxecto Solidario de Grupo Promedia e con él a versión 1.0 da nosa aplicación Pictotraductor - Comunicación sinxela con pictogramas..

2013

Xaneiro

Presentamos Pictosonidos 1.0 - Axuda aos nenos a comprender e adquirir vocabulario con locucións e onomatopeas para cada palabra.

2013

Xaneiro

O noso portal Pictoaplicaciones publicouse en cssmania, naquel momento, o escaparate de sitios web de deseño de referencia do mundo.

2013

Febreriro

Somos Finalistas nos premios Eganet polo noso proxecto Pictoaplicaciones na categoría Mellor Aplicación de Software 2013.

2013

Marzo

Comezamos a nosa actividade nas Redes Sociais, que ao longo dos anos nos levou a compartir centos de materiais útiles para toda a comunidade.

2013

Abril

Presentamos o noso primeiro Pictoconto PictocuentoRicitos de Oro, que comeza unha serie de contos clásicos adaptados con pictogramas e ilustracións animadas.

2013

Maio

Presentamos a nova versión de Pictotraductor 2.0, con diversas novidades en comparación coa versión anterior que o fan máis adaptable a cada usuario.

2013

Xullo

Presentamos Pictoagenda, unha aplicación pensada para organizar as actividades diarias mediante pictogramas e gráficos que amosan a evolución no día a día.

2013

Xullo

Finalistas nos premios “Emprende Santiago”, un recoñecemento da nosa propia cidade que nos enorgullece no traballo inicial do proxecto.

2013

Outubro

Presentamos Pictojuegos que inclúe catro pictoxogos iniciais: Pictomemory, Acciones, Pictopuzzle y Emociones.

2013

Novembro

Presentámosvos o noso Pictoconto “Carapuchiña Vermella en tres idiomas: castelán, galego e catalán e a posibilidade de descargalo en pdf.

2013

Decembro

Presentamos o noso novo Pictojuego: Pegatinas. A través del podemos traballar o vocabulario en diferentes escenarios e utilizalo para repasar conceptos básicos.

2013

Decembro

Superamos os 200.000 usuarios e alcanzamos máis dun millón de páxinas vistas no noso primeiro ano. As redes sociais tamén seguen incrementando o número de usuarios cada día.

2014

Xaneiro

Presentamos o noso terceiro pictoconto: “El Patito Feo que dá a posibilidade de escoller entre 2 niveis de dificultade dependendo da competencia lingüística do lector.

2014

Maio

Presentación de Pictosonidos 2.0 0 Nesta actualización incluíronse vinte categorías novas, referidas a campos semánticos e rutinas. Inclúense frases para reforzar conceptos.

2014

Novembro

Presentamos un novo Pictojuego: Cabezudos, o noso segundo pictoxogo pensado para nenos con parálise cerebral e un novo escenario para o noso Pictojuego: Pegatinas.

2015

Xuño

Premio e-Inclusión do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, pola inclusión de persoas con trastornos da linguaxe a través das novas tecnoloxías.

2015

Novembro

Presentamos 0 nativo para Android.. A primeira das aplicacións que presentamos para dispositivos móbiles sen necesidade de ter internet para usala.

2016

Abril

Presentámosvos a nova ferrament Pictotraductor 2.0 que permite traducir calquera páxina web ou calquera blog en Internet a pictogramas, de forma sinxela e rápida.

2016

Xuño

Presentamos Pictosonidos2.0 nativa para iOS. Permite o seu uso sen necesidade de internet en ningún dispositivo de Apple a través de iPhone ou iPad.

2016

Julio

Imos a Madrid porque Pictosonidos é finalista dos premios nacionais de Vodafone na categoría de aplicacións sociais Vodafone Connecting for Good Innovation 2016.

2017

Octubre

Presentamos a nosa nova aplicación Wikipicto, unha aplicación que nos permite atopar as palabras máis utilizadas no día a día e velas traducidas en imaxes e pictogramas.

2017

Decembro

Grazas á Fundación Barrié, presentamos Pictoeduca, un proxecto que reúne unha gran variedade de material didáctico en distintos formatos e que é todo un éxito.

2018

Xaneiro

Seguimos compartindo recursos diariamente nas nosas redes sociais e superamos a barreira dos 500.000 usuarios e alcanzamos as 3.000.000 de páxinas vistas.

2019

Decembro

Iniciamos os trámites legais para a constitución dun novo e ilusionante proxecto e chegamos ao millón de usuarios e xa estamos en 4 millóns de páxinas visitadas.

2020

Xuño

Presentamos o noso Pictocuento “Hansel e Gretel cun novo deseño para unha experiencia receptiva en 7 idiomas e novas opcións para traballar con pictogramas.

2020

Setembro

Nace a Fundación Pictoaplicaciones , á que Grupo Promedia cede todas as aplicacións desenvolvidas ata a data e con elas a batuta dunha nova travesía.

FUNDACIÓN

Documentación

DE INTERESE

Descargas