VOLUNTARIADO Y COLABORACIÓNS

Fundación Pictoaplicaciones:
Actividades, proxectos e aplicacións gratuítas

Podes formar parte de novas iniciativas e proxectos

Dende a fundación Pictoaplicaciones pretendemos mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional e das súas familias e para iso estamos desexando levar a cabo novas iniciativas e proxectos cos que conseguimos este obxectivo.

A nosa Fundación abre as súas portas a voluntarios coma vós que nos axuden a organizar e participar en actividades de lecer, culturais e formativas, encontros divulgativos con pais e profesionais, campañas de sensibilización sobre o autismo e en prol da inclusión… e unha morea de novos proxectos e iniciativas que temos en mente..

Se queres achegar o teu gran de area a este proxecto e ofrecerlles a moitas persoas que o precisen, o ben máis preciado que tes, que é o teu tempo, podes contactar connosco a través do chat desta páxina, cubrindo formulario de contacto ou ben por escribíndonos uha mensaxe electrónica a hola@pictoaplicaciones.com y contándonos o que se che dá ben e como pensas que podes axudarnos.

Se o teu é a informática… Dálles un pouco do teu tempo no desenvolvemento de novas aplicacións

No noso afán de seguir intentando axudar as persoas, cremos que é o momento de dar un paso adiante e intentar avanzar no desenvolvemento de novas Pictoaplicacións, sempre coa idea de que sigan sendo gratuítas e de libre acceso.

O equipo de desenvolvemento da Fundación Pictoaplicaciones trata de achegar o seu gran de area ás TIC para contribuír á mellora da comunicación, da expresión e da comprensión oral e escrita. Con elas, tamén buscamos a adquisición de novas aprendizaxes para as persoas que teñen dificultades para comunicarse a través da linguaxe oral.

Temos moitas ideas no caixón para seguir axudando as persoas con diversidade funcional a seguir avanzando nos seus obxectivos que nos gustaría sacar adiante en forma de novos proxectos, e para iso precisamos da colaboración de persoas que teñan os coñecementos adecuados para poder formar parte do equipo e contribuír no seu desenvolvemento.

Solicitamos a vosa colaboración para un proxecto que axudará a moitas persoas dándonos parte do voso tempo, pois consideramos o “tempo” como o maior agasallo que se pode facer nesta vida.

Se es programador no desenvolvemento de aplicacións web e iOS + Android, maquetador con coñecementos de animación ou JS, profesores e terapeutas de atención á diversidade que nos poidas achegar a túa visión pedagóxica sobre as necesidades educativas en canto a aplicacións ou queres colaborar na xestión das Redes Sociais con noticias e materiais de interese para a comunidade educativa… podes escribirnos a través do chat desta mesma páxina e contarnos máis de ti ou tamén a través do formulario de contacto, ou no enderezo electrónico hola@pictoaplicaciones.com.

Quero ser voluntario / colaborar

PATROCINIOS Y MECENAZGO

Únete a un proxecto solidario

A Fundación Pictoaplicaciones parte de varios obxectivos, todos eles perseguen a inclusión social, o pleno desenvolvemento das competencias persoais e a inclusión laboral das persoas calquera que sexa a súa diversidade funcional, co fin de lograr a súa plena inclusión na sociedade.

Temos proxectos específicos para cada unha destas fases, pero precisamos do apoio económico ou das colaboracións necesarias para poder levalos a cabo e facelos sustentables.

O noso panel de patrocinadores dálles a benvida aos Mecenados e Patrocinios das Empresas, Entidades, Organismos e Administracións Públicas que queiran sumarse á travesía dun barco cun proxecto sólido e solidario en continua expansión e crecemento, onde participan axudando diariamente a miles de persoas en máis máis de 80 países que poden ver os proxectos que apoian a través do seu logotipo.

A filantropía pode estar en consonancia coa rendibilidade, patrocinar un dos nosos proxectos é moito máis barato que investir en publicidade, ten importantes beneficios fiscais e un propósito altruísta que coloreará positivamente a vida de moitas persoas.

Sube ao noso barco! Estamoste agardando!

Quero patrocinar un proxecto

DOAZÓNS

O importante non é a cantidade, é a solidariedade

¿Queres colaborar connosco nos nosos programas para o pleno desenvolvemento das habilidades persoais e a inclusión laboral das persoas independentemente da súa diversidade funcional, pero non sabes cómo?

Fai unha doazón á Fundación Pictoaplicaciones. A túa contribución irá destinada a algún dos nosos programas e saberás en que colaboras. Ademais, a túa achega terá unha dedución fiscal.

O importante non é a cantidade, o realmente importante é a solidariedade, esa marabillosa capacidade que temos para axudar e que consegue unirnos para que cada un, coa contribución que poida, nos faga chegar á meta e dese xeito sinxelo, todos nos sintamos parte da mesma.

Apuntámonos, contamos contigo!

Facer doazón